Aldea Global | A primeira xira exterior do actual presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, realizada a mediados de outubro, non podía ter outro destino que a Galicia Exterior.
Mentres o ex presidente da Xunta e actual líder do PP Alberto Núñez Feijóo realizaba a súa xira europea cun encontro en Bruxelas coa presidenta da Comisión Europea Úrsula von der Leyen, Rueda enfilaba miras cara Arxentina e Uruguai cun obxectivo clave: medir a situación da diáspora galega, en particular ante a posibilidade dun novo retorno tomando en conta as crises económicas (especialmente no caso arxentino) e os recentes cambios políticos rexionais.
Todo isto sen esquecer outros temas relevantes para a diáspora galega que tamén gravitaron nesta xira de Rueda. Destacan aquí a recente eliminación do “voto rougado” para os españois que viven no exterior, aspecto que cobra importancia ante o ciclo electoral aberto para 2023 (municipais e xerais) 2024 (autonómicas galegas).
“Eliminación do ‘voto rougado’, ampliación das vías de adquisición da nacionalidade española e promoción de políticas de retorno para paliar o declive demográfico galego foron as claves da xira de Rueda por Uruguai e Arxentina”
Igualmente debe destacarse dentro desta xira a tamén recente decisión do Senado de ampliar as vías de adquisición da nacionalidade española, que beneficiara entre 300.000 e 350.000 descendentes de emigrantes dentro da aplicación da Lei de Memoria Democrática. De novo, Arxentina volve a liderar as demandas de nacionalidade española no Rexistro Civil.
Con estas novas en pleno desenvolvemento, Rueda cruzou o Atlántico para ‘desembarcar’ en Uruguai, país que acolle a 40.000 emigrantes galegos. A súa visita ocorre nun momento complexo tomando en conta o peche en marzo pasado da Casa de Galicia de Montevideo (fundada en 1917), que foi motivada pola débeda financeira, calculada en US$ 85 millóns. Esta decisión da Xunta levou a fortes críticas por parte da oposición parlamentaria.
Retorno e “voto rougado”
Nesta primeira parada, Rueda reuniuse co presidente uruguaio Luis Lacalle Pou e cos representantes das once asociacións e centros galegos neste país sudamericano. Aí trazou os plans do seu goberno orientados a propiciar o retorno da diáspora á “terra nai” como ferramenta que permita frear o declive demográfico galego. Expuso así mesmo os plans de axuda económica, formación e emprendimento que impulsa a súa administración e definiu igualmente os canais de cooperación cos empresarios galegos. Ao mesmo tempo, Rueda comprometeuse a conservar o patrimonio da recen pechada Casa de Galicia toda vez reforzou a cooperación co Fogar Español de Montevideo.
A seguinte parada, Arxentina, a sempre considerada como a “quinta provincia galega”, revestía para Rueda dunha importancia capital por verse ese país actualmente sumido nunha aguda crise económica que lembra coa acaecida co “corralito” de 2001-02. Na capital arxentina, Rueda foi investido como “visitante ilustre” por parte da Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires. Hai que tomar e conta que, segundo datos de 2015, na Arxentina residen máis de 160.000 emigrantes galegos.
Toda vez afirmaba o seu compromiso por apoiar o retorno da diáspora galega, a xira de Rueda por Uruguai e Arxentina contemplou unha primeira toma de contacto coa colectividade emigrante. Cobra aquí importancia un contexto electoral ‘á volta da esquina’, agora condicionado pola recente desaparición do “voto rougado” que abre a porta a unha maior participación electoral da emigración e dos seus descendentes con nacionalidade española. Neste contexto electoral, o servizo de Correos volverá a ter un peso importante, razón pola que Rueda enviou un “guiño” coa presentación oficial en ámbolos dous países dos selos conmemorativos do Xacobeo 21-22.