Tomiño | A Asociación de Autónomos de comercio, hostalería e industria de Tomiño lanzou esta semana unha nova campaña para que os clientes do comercio local enchan a súa cesta da compra cos mellores produtos de alimentación.
Produtos gourmet, alimentos frescos e de calidade ou os mellores doces, son algunhas das opcións que os clientes atopan nos establecementos de Tomiño e nos que poderá invertir o vale de 100 € a persoa gañadora da campaña ‘Aliméntate ben’.
Para participar na campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Tomiño, os clientes so terán que mercar nos establecementos asociados a ADETO e entrarán directamente no sorteo.
O premio poderá canxearse Alimentación y Estanco Empalme, Aliprox Goián, Carnicería Florentiña, Entrelagar, Mundo Dulce ou Supermercado Turonia (Vilachán). Sendo necesario que se reparta o gasto en, a lo menos, dous dos establecementos. A suba de prezos dos alimentos afecta aos consumidores e tamén ao comercio local por iso dende ADETO queren aproveitar esta campaña para animar á xente a seguir apostando polo comercio de proximidade.