A orixe desta paremia na imposición do rito romano na España cristiá medieval que sustituía ao mozárabe por decisión de Alfonso VI en Toledo, cedendo ao influxo da súa dona de orixe francesa, dona Consanza, así como ás presións dos monxes cluniacenses.
En 1886 Práxedes Mateo Sagasta mostráballe á Corte un bebé recén nacido, fillo único da Rexente María Cristina, destinado a reinar co nome de Alfonso XIII, en momentos históricos especialmente delicados.
Alfonso XII non soubo interpretar a realidade política e social que vivía España. Educado para ser rei sempre aproveitou o enorme poder que a Constitución lle concedía para manexar o País ao seu antollo ata que coas súas decisións partidistas e conspiranoicas conseguiu o que tanto temía: a caída da Monarquía e a chegada da República.
Antonio Cánovas tiña deseñado unha Constitución ad hoc. Nela negábase o sufraxio universal e a liberdade de expresión para os españois. Só se aceptaban dous partidos: o Conservador baseado na aristocracia, nos terratenentes e na clase media, e o partido Liberal que agrupaba os restos dunha esquerda moderada. Quedaba, así, excluído do sistema electoral calquera partido non dinástico, nacionalista ou radical, quedando relegados ao ostracismo e obrigados a derrocar á Monarquía como única forma de acceso ao Poder. O poder do Rei era inmenso:podía sancionar leis ou vetalas, designar ao Presidente do Goberno e a parte do Senado, convocar ou suspender ambas as dúas cámaras, asumir a autoridade da Orden pública e promocionar os cargos militares. Este era o bisavó do actual rei Felipe VI.
A onde queremos ir parar con este preámbulo histórico? Pois moi sinxelo. Queremos demostrar que o bisneto de Alfonso XIII non ten eses poderes, pero sen embargo non está tan espido como se podería pensar.
Dise, con certa alegría, que o Rei reina pero non goberna. Isto non é de todo certo. Se nos tomamos a molestia de ler con calma a nosa Constitución no seu Titulo II. “De la Corona”, comprobaremos que Felipe VI ten bastantes poderes, máis dos que vulgarmente se lle supón. Vexamos:
-É o símbolo da unidade de España e da súa permanencia, arbitrando e moderando o funcionamento das insitucións. Asume a máis alta representación do Estado español nas relacións internacionais.
-A persoa do Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade. Aquí debemos facer unha paréntese para comparar a un adolescente de 12 ou 14 anos que cometa un delito. As leis din que aínda que sexa culpable non é responsable, pola súa idade. Ben, pois o Rei é, neste caso como un neno pequeño, pode cometer calquera delito (violación, furto, traizón, etc.) que non é responsable. Pero, curiosamente, no art. 64, punto 1, dinos expresamente: Os actos do Rei serán refrendados polo Presidente do Goberno e, no seu caso, polos Ministros correspondentes. A proposta e o nomeamento do Presidente do Goberno e a disolución prevista no artigo 99, serán refrendadas polo Presidente do Congreso, Inmediatamente, no punto 2 dinos que dos actos do Rei serán responsables as persoas que os refrenden.