Allariz | No transcurso do ano 2023, a Oficina de Turismo de Allariz experimentou unha afluencia notable de visitantes, alcanzando a cifra total de 37,762 persoas que buscaron información por este medio sobre os recursos do Concello.
Este logro vese reflectido na diversidade de orixes dos turistas, sendo Galicia, Madrid, Castela e León, o País Vasco e Andalucía os principais impulsores deste número de visitantes.
Celebrando a variedade de Allariz durante o ano, identificamos dous meses que destacan pola súa alta afluencia de visitantes: Agosto e Decembro, seguidos por Setembro e Xullo. En Agosto, Allariz recibiu a 8,204 turistas que buscaban información na oficina de Turismo, mentres que Decembro sumou a 5,430 persoas que pasaron pola oficina turística na súa visita ao noso destino como o seu lugar de celebración das festividades. Estes números subliñan a capacidade de Allariz para atraer a visitantes en diferentes momentos do ano, un feito que dende o Concello sempre é un obxectivo a potenciar e consolidar.
Destacionalización a través de Eventos, datas como Semana Santa Ao Vivo, Festival de Xardíns, festa do boi,Xornadas de Carne de Boi, Samain ,Feira de Outono, Nadal xerán actividade económica continua, a destacionalización converteuse nun obxectivo clave para o desenvolvemento sostible do turismo en Allariz.
“Recoñecemos a importancia de diversificar as actividades ao longo do ano, e ainda así conseguir o equilibrio perante todo o ciclo é unha tarefa complicada, xa que as datas vacacionais están moi marcadas nos calendarios”.
Neste sentido, a promoción e organización de eventos preséntanse como ferramentas fundamentais. Estes eventos non só enriquecerán a experiencia do visitante, senón que tamén contribuen a xerar actividade económica de maneira constante, beneficiando á comunidade local e fortalecendo a posición de Allariz como un destino turístico atractivo en todas as estacións.
En canto a oferta museística, 11.173 persoas pasaron polos museos de Allariz no 2023, Museo da Moda, Coiro e Xoguete,sendo o do Xoguete o máis visitado.
Allariz é un destino xa consolidado, con unha gran riqueza natural e patrimonial, avalada por varios premios e mencións. A esta riqueza unese este amplo calendario de eventos e actividades que dinamizan Allariz durante todo o ano, para disfrute de veciños e visitantes.