Salvaterra de Miño | Dende o Concello de Salvaterra de Miño organizáronse varias visitas con alumnos e alumnas dos centro de educativos de primaria do CEIP de Alxén, CEIP de Leirado e CEIP Infante Felipe para descubrir a excavación nos Castros de Soutolobre-Lourido.
Esta foi unha visita guiada polo arqueólogo Francisco Hermes dentro do plan que leva a cabo o Concello para a posta en valor dos xacementos arqueolóxicos que nesta lugar se atopan.
Recordamos que se trata dun xacemento arqueolóxico de moitísima relevancia dado que se atopa dentro un petróglifo que hoxe, despois dos estudos realizados, pódese constatar que se trata dunha estela da idade do bronce.
Algo único e o máis peculiar do noroeste da península debido os estudos que constatan que a cabana castrexa contaba cunha escaleira que daba acceso ó piso inferior.