Bruxelas | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo un encontro cos representantes do corpo diplomático do Frente Polisario en Bruselas, actualmente integrado por Alyien Kentaoui embaixador encargado da misión na representación do Frente Polisario, Mansour Omar, representante do Frente Polisario para Europa e a Unión Europea, e Basiri Lebsir, membro da representación do Frente Polisario en Europa e a Unión Europea.
O Bloque denuncia que os recursos terrestres e pesqueiros do Pobo Saharauí seguen sendo espoliados mentres a Xustiza europea emitiu o ano pasado unha sentenza histórica que declaraba ilegais os acordos comerciais e de pesca da UE con Marrocos porque non contan co apoio do Pobo Saharauí representado polo Frente Polisario.
No encontro, Ana Miranda tamén manifestou a necesidade de que dentro do Servicio de Acción Exterior da Unión Europea se cree un Representante para o Sáhara Occidental, que implicaría o recoñecemento do Frente Polisario como lexítimo representante do Sáhara Occidental.