Ourense | Ana Pastor, vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, estivo en Semana Santa en Ourense para visitar amigos e realizar compras no comercio local.
Na céntrica rúa de O Paseo departíu con Manuel Fernández Quevedo, de Loureiro (Nogueira de Ramuín) presidente da asociación Día de Galicia en Asturias, con sede en Oviedo. Ana Pastor recibiu no ano 2020, con motivo do XXV aniversario da asociación galega en Asturias, a insignia de ouro do colectivo e o carné de socia de honra.
Ana María Pastor Julián, natural de Cubillos (Zamora) é médica e política do Partido Popular, polo que resultou elixida deputada por Pontevedra en sete lexislaturas das Cortes Xerais e por Madrid na XIV lexislatura. Foi ministra de Sanidade e Consumo (2002-2004) e de Fomento (2011-2016) do Goberno de España e presidenta do Congreso dos Deputados (2016-2019).
Actualmente, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados é portavoz do Grupo Popular na comisión para a Reconstrución Económica e Social do Congreso dos Deputados. O seu pai era natural de Viveiro (Lugo) e a súa nai era de Pontevedra. Na foto Manuel, Ana e Camilo (de Barcelona)