Ana Pastor, pregoeira da LXV Festa da Lamprea de Arbo

A recoñecida política lerá o pregón o 26 de abril ás 13 horas

Arbo | O 26 de abril ás 13:00 desde o balcón da Casa do concello, Ana Pastor Julián, será a encargada de pregoar as excelencias gastronómicas de Arbo. Ana Pastor, médica, política e muller, cunha ampla e recoñecida traxectoria en distintos ámbitos, que soubo facerse un oco e chegar todo o máis alto cunha personalidade próxima e familiar e unha gran embaixadora da Lamprea.

Ana María Pastor Julián, É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Funcionaria de carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Máster en Saúde Pública e Administración Sanitaria e MBA en dirección de Empresas, especialidade recursos humanos.

A súa carreira profesional comezou no sector sanitario, onde desempeñou diversos cargos na administración de saúde en Galicia: Xefe de Servizo de Asistencia Sanitaria e Seguridade Social. Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Xefe de Servizo de Atención Primaria da área de Saúde de Pontevedra. Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Pontevedra, Xefa Local de Sanidade do Concello de Ferrol, Directora Xerente do Centro de Atención Primaria de Vigo-Área Sur, estendendo as súas funcións ao Centro de Atención Primaria de Pontevedra-Área Norte. Centro de Atención Primaria de Vigo-Área Sur-Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde de Pontevedra; incluíndo xefa de Servizo de Planificación Sanitaria e directora provincial do Servizo Galego de Saúde (Sergas)

Ostentou tamén distintos cargos na Administración Xeral do Estado, entre eles, directora xeral de MUFACE (1996) e subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura (1999), do Ministerio da Presidencia (2000) e do Ministerio do Interior (2001). No ámbito político, Pastor ocupou ha sido Ministra de Sanidade e Consumo, Ministra de Fomento e Presidenta do Congreso dos Deputados (2016-2019) liderando a Cámara Baixa durante a XII Lexislatura. Gran apaixonada da docencia tamén foi profesora asociada na Universidade Carlos III de Madrid, na materia de Sistemas de Xestión Pública Comparada.

Ao longo da súa carreira, Ana Pastor foi recoñecida con diversas distincións a nivel nacional, incluíndo a Gran Cruz da Orde de Carlos III e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, en recoñecemento ao seu servizo público, a Cruz de Prata da Orde do Mérito da Garda Civil, Medalla da Orde ao Mérito Policial ou a Medalla de Prata de Galicia; e a nivel internacional, entre as que destacan: Gran Cruz da Orde ao Mérito da República de Chile, a Condecoración “Bernardo O’Higgins” no grao de Gran Oficial, da República de Chile, a Oficial da Orde Nacional da Lexión de Honra da República Francesa, a Gran Cruz da Orde Militar de Cristo da República Portuguesa ou a Gran Cruz da Orde do Sol da República do Perú.

Ana Pastor, foi sempre unha persoa moi próxima e comprometida con Arbo e os arbenses, durante todos os seus anos en política foi unha gran embaixadora da Lamprea, Arbo e a Festa da Lamprea, á cal asistía.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.