Ribadavia | A revista cultural, “Nós, A Xente do Redor” presentou o número cinco, onde se incorporaron novos autores á longa nómina de colaboradores habituais destacando a ilustración da portada realizada polo recoñecido pintor ourensán Antón Pulido.
Preto de oitenta persoas déronse cita na capital do Ribeiro nun magnífico acto presentado por Marina Sánchez, artista polifacética e colaboradora da revista.
Un acto de emocións encontradas, dalgunhas bágoas, de sorrisos, de sentimentos e de ledicia de tódolos alí presentes, adobiado coas actuacions músicais dos acordeonistas Juan Ruibal e Maximino Míguez e da marabillosa voz de Antonio Barros que fixeron participar a tódolos con palmas, acompañamento musical, facendo percusión co que cada quén tiña a man e ata cantando e facendo os coros.
Foi unha gran posta en escena na Igresia da Santa María Magdalena do século XVIII, un xoia da monumental Ribadavia, no corazón do barrio xudeo, cunha excelente acústica de templo sagrado, que envolveu coa súa maxia, coma unha promesa da expansión da revista a nivel de Ourense, de Galicia, de España e máis alá alcanzando a todos os galegos espallados polo mundo.
O acto contou ca presenza da alcaldesa de Ribadavia Noelia Rodríguez, a xefa territorial de Cultura Judith Fernández, o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández exercendo de mestre de ceremonias.
Tamén asistiu Juan Manuel Casares Gándara presidente da C.R.D.O Ribeiro colaborador da revista que xunto co director Avelino Jácome e Miguel Ángel Martínez Coello fixeron entrega dun par de exemplares e unha lámina coa reproduccion da portada a cada un dos autores presentes.
Participou no acto Sonia Couso que, no nome da Ruta do Viño do Ribeiro, patrocinadores da revista e anfitrións do evento, deleitaron aos asistentes cunha cata do seu viño branco, ben fresquiño, de moi bo paladar en boca e un moi bo aroma.