Anxo Quintana abandona o BNG

NDEA_Quintana

ALLARIZ | Despois de 40 anos de militancia no nacionalismo e de compromiso co BNG, dende a súa fundación, Anxo Quintana ven de solicitar a súa baixa como militante nesta formación política. Nunha carta enviada á responsable local de Allariz, concello do que foi alcalde, manifesta a súa disconformidade co rumbo que toma o partido. Despois da XV asemblea Nacional, celebrada o pasado domingo en A Coruña, Quintana sinte que non comparte nin na forma, nin no fondo, nin na táctica, nin nos obxectivos estratéxicos, o proxecto político do BNG de hoxe.
O exvicepresidente da Xunta di que segue sendo nacionalista e que está disposto a seguir colaborando na construción nacional de Galicia.
Anxo Quintana, impulsor da plataforma “Somos Nós”, que está rexistrada como partido, dimitira como portavoz do Bloque en 2009, e fora relevado por Guillerme Vázquez. Na actualidade ocupa este posto Ana Pontón