A Cañiza | A piscina municipal “das Grades” abre as súas instalacións este sábado, 1 de xullo ata o 15 de setembro (sempre que o tempo o permita), en horario de 13.30h a 21h de luns a domingos. Pola mañá permanecerá pechada para dar servizo exclusivo aos 50 nena/os inscrita/os nos campamentos municipais de verán que accederán en horario de 11h a 13h.
Os prezos non subirán respecto a anos pasados, quedando establecida a entrada para adultos en 1,50€ e a entrada infantil e para xubilados e pensionistas en 1,00€. Tamén a partires do 1 de xullo queda aberta a Praia Fluvial na parroquia de Luneda. Un espazo natural e de lecer, acondicionado a carón da Regueira do Aceval, afluente do río Deva, cun aforo aproximado de 225 persoas. Esta zona recreativa situada no lugar de Gonda, conta tamén con merendeiro, asadores e zona de xogos para nenos.