Santiago de Compostela | A Academia de Enfermería de Galicia realizou nun acto solemne a Apertura do Curso Académico 2019, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Consellería de Sanidade.
A mesa presidencial estivo conformada porlo Conselleiro de Sanidade Jesus Vázque Almuiña; Isidoro Rodríguez Pérez, Presidente da Academia de Enfermería de Galicia; Dario Villanueva Prieto, Académico da Real Academia Española; Ángel Alfredo Martínez Ques, Secretario Xeral da Academia de Enfermería de Galicia; Beatriz Rosa Sánchez López, Vicepresidenta primeira da Academia de Enfermería de Galicia; Mercedes González Peteiro, Vicepresidenta segunda da Academia de Enfermería de Galicia.
Asistiron autoridades académicas o Reitor da USC, as direccións das escolas e da Facultade de Enfermaría de Galicia, autoridades sanitarias, directores asistenciais e de enfermaría dos distintos EOXI de Galicia, do ámbito da política destacar a presenza de Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, así como do portavoz do goberno en Lugo Miguel Fernández.
Tamén asistiron representantes da Academia de Enfermería da comunidade Valenciana.
A Academia de Enfermería de Galicia é a máis antiga das tres que e existen en este momento no Estado Español as que se lle seguiron as de Vizcaya e Valencia.
A primeira intervención estivo a cargo do Excmo. Sr. D. Jesús Vázquez Almuiña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia que se puxo a disposición da Academia de Enfermaría de Galicia, resaltando as súas funcións de investigación e asesoramento para coas Institucións e mais concretamente neste caso coa Consellería de Sanidade.
O Profeso Dario Villanueva despois de facer un percorrido polas orixes das Academias en España, disertou sobre a importancia e vixencia que teñen estas para non perder o norte e rigor científico e no caso da que nos ocupa ligado á ética, para rematar falando da importancia da linguaxe para a comunicación aplicada as Ciencias da Saúde.
No discurso de apertura o Presidente da Academia destacou a importancia da enfermaría no coidado da saúde das persoas durante todas as etapas da súa vida dende axudar a ben nacer ate acompañar no bo morrer.
A creación da Academia de Enfermaría obedece á necesidade de contar cunha corporación que potencie o coñecemento científico e chegue a tódolos profesionais da enfermaría de Galicia, e que redunde nun mellor servizo dos intereses xerais e do individuo en concreto, que debe ser sempre o cerne dos coidados enfermeiros.
A academia ten como obxectivo fomentar a disciplina enfermeira ao máis alto nivel científico, colocando a profesión enfermeira, nas diferentes esferas, tanto social, profesional como cultural e desta forma poder redundar máis alá das persoas como entes individuais en beneficio de toda a sociedade. As ferramentas a empregar serán o estudo, a investigación, dar visibilidade ao avance e o desenvolvemento da Enfermaría como unha disciplina científica autónoma na esfera das Ciencias da Saúde.
O evento rematou coa interpretación do himno da enfermaría e a degustación dun viño galego.