Arbo | O Concello de Arbo, comeza o ano coa apertura do programa de composaxe domestica, coa entrega gratuita de composteiros individuais. Tendo en conta entregas anteriores, sumarían un total de 370, isto significa que máis de 350 vivendas unifamiliares xa poden autoxestionar a súa materia orgánica para convertela en compost, que regresará de novo á terra en forma de abono natural para dar unha nova vida.
A práctica da compostaxe doméstica trae consigo importantes beneficios ambientais e sociais, coa particularidade de que propicia a redución da cantidade de residuos depositados no contedor convencional e mellora a recollida selectiva do resto de fraccións O obxectivo é por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e, por outra banda, apostar pola compostaxe da fracción orgánica producida nas vivendas e reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradable.
Os interesados en recibir os composteiros poderán achegarse as oficinas municipais do Concello de Arbo co seu DNI e presentar a solicitude que lles será facilitada. Os composteiros serán entregados por orden de Rexistro.
As veciñas e veciños que reciben un composteiro do programa municipal quedan comprometidas a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.