PONTEAREAS / PP | No Pleno ordinario celebrado o pasado 16 de febreiro a Corporación municipal acordou aprobar a proposta feita polo PP para nomear o Parque Urbano Forestal ubicado na Rúa Xoan Trovador García de Guillade como “Parque Ferro Ucha” en agradecemento á total disposición e colaboración mostrada pola propiedade dos terreos na tramitación do convenio de cesión ao Concello de dita parcela destinada para parque público.
Segundo o portavoz do Partido Popular, Salvador González Solla, era un compromiso adquirido polo goberno na anterior lexislatura que él presidía e que ven a completar o proxecto de desenvolvemento levado a cabo nesa zona que conta con 4.300 m2 de espacio con gran riqueza paisaxistica e medioambiental para disfrute de todos os veciños de Ponteareas.
Salvador González Solla a pesares do retraso de mais de 5 meses que tivo este expediente en vir ao Pleno porque o Alcalde non quería traelo por ser unha iniciativa do Partido Popular, quere agradecer a todos os membros da Corporación o seu apoio para que o compromiso que había adquirido coa familia na sinatura do convenio de cesión dos terreos ao Concello se puidese cumprir.