Arbo celebrará o Día Mundial do Enoturismo

Este domingo 12 de novembro no Museo Arabo

Arbo | O vindeiro domingo, 12 de novembro celébrase o Día Mundial do Enoturismo, unha ocasión ideal para que os amantes do viño visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”.

Nas actividades preparadas polo Concello de Arbo, para conmemorar este día, están as visitas guiadas de 10:30, 11:30 e 12:30 no Museo Arabo, para coñecer a historia do viño e as adegas de Arbo, así como a vinculación de Arbo e o viño. Como protagonistas da xornada tres elementos moi significativos da tradicion arbense:  as adegas,  os adegueiros e o viño, todos eles sinais de identidade do noso municipio.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, manifesta que os Baixas máis extraordinarios atópanse na Vila de Arbo, logran premios alí onde se presentan e que xorden dun microclima único para o cultivo da vide e dun saber histórico de viticultores e adegueiros que se trasladou agora á produción de miles de botellas cos procesos máis avanzados As Prazas son limitadas e é necesario reserva previa, que poden facelo a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com ou o teléfono 986 66 50 00 Arbo é terra fértil, de albariños excelentes.

Cunha longa tradición adegueira, aberta ao viaxeiro que busca novas sensacións e a tranquilidade do turismo consciente, próximo, familiar e en harmonía co medio natural. Bébese viño desde fai miles de anos, a viticultura estendeuse practicamente a todos os recunchos do mundo, pero nalgún deles establécese como fogar ideal, paraísos da uva, como este noso municipio- remata o rexedor arbense, Horacio Gil, que convida aos que aínda non coñecen este municipio para gozar do enoturismo en Arbo.