Arbo conclúe as obras viarias en Eidos de Arriba

Cun investimento de 108.250,30 € financiado pola Deputación de Pontevedra

Arbo | O Concello de Arbo levou a cabo importantes melloras nos viais de acceso aos Eidos de Arriba na parroquia de Sela. A actuación supuxo un investimento de 108.250,30 €.- financiado pola Deputación de Pontevedra e tiña como obxecto a reforma os accesos da Igrexa de Santa María de Sela ao seu paso polo núcleo de Eidos de Arriba, así coma os espazos públicos existentes no seu percorrido que contan cun gran valor patrimonial.

O ámbito caracterízase por un tecido de crecemento orgánico, onde a estrada ao sur (comunicación co núcleo de Arbo) e a propia Igrexa funcionan coma factores de atracción para a construción de múltiples vivendas unifamiliares que acabarían conformando o núcleo de Eidos, diferenciado co nome de Eidos de Arriba para a parte norte e Eidos de Abaixo para a parte sur.

O estado do espazo público contaba cunha plataforma continua de aglomerado asfáltico pouco amable co tránsito peonil e moi agresivo cos elementos patrimoniais e de interese que se sitúan ao longo do ámbito, como poden ser o Cruceiro de Santa María ou o hórreo de pedra.

Coas actuacións realizadas melloraronse as condicións e características dos espazos públicos existentes, así como as características dos viais de acceso á Igrexa de Santa María de Sela.

“Paso a paso, seguimos avanzando na nosa aposta pola mellora continua dos camiños de acceso aos núcleos de poboación de todo o municipio arbense, co obxectivo de facilitar o acceso a todos os puntos do termo municipal, potenciando así o desenvolvemento da nosa localidade e o benestar dos nosos veciños e veciñas”, manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado para o Concello de Arbo, sendo necesaria proxectos de esta envergadura que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado. Os traballos de mellora nos viais de Eidos de Arriba permitiron mellorar notablemente o seu estado, asegurar un tránsito máis seguro e cómodo para os veciños e veciñas e embelecer unha zona con gran valor patrimonial.