Arbo | O pleno municipal de Arbo, na súa sesión ordinaria e presencial celebrada o 27/03/2023, adoptou por unanimidade, con cinco votos a favor, do grupo municipal do PP, e cun voto do concelleiro presente do grupo municipal de AGRELAR, aprobar a proposta da alcaldía sobre “aprobación e ratificación da declaración de intereses de Arbo e Sainte Terre asinada no mes de febreiro de 2023 para o inmandamento de ambos municipios e a aprobación de memorándum de entendemento”.
A práctica da irmandade ou irmandamento entre cidades e vilas é unha institución de longa tradición que afunde as súas raíces históricas e ofrécese como un mecanismo integrador de gran eficiencia para a mellor defensa dos intereses das comunidades hermanadas.
Unha das características que define aos irmandamentos é que non só os Concellos teñen un papel decisivo, como é a necesaria aprobación no Pleno dun irmandamento, senón tamén cabe destacar a achega dos cidadáns, cuxa contribución é vital para que un irmandamento alcance os seus obxectivos.
Convencidos desde o goberno arbense de que son moitas as características entre Arbo e Sainte Terre e unidos pola tradición da Lamprea, e polos trazos que unen a ambas as vilas: O Escudo, o Viño, O Museo da Lamprea, a festa que se celebra nas mesmas datas para degustar este manxar, A Irmandade da Lamprea e a tradición de pesca no caso de Arbo no Río Miño e en Sainte Terre, no Rio Dordoña.
Que a Arbo e Sainte Terre únelos a lamprea e rendemos homenaxe a unha forma de vida que dá sentido a un territorio e que a cooperación internacional é un dos factores que incide favorablemente o desenvolvemento e fortalecemento do marco de cooperación bilateral. Pola alcaldesa de Ville Sainte Terre e o alcalde de Arbo, co interese de profundar os lazos de amizade, colaboración e cooperación que unen ambos os municipios asinaron en febreiro de 2023 “a declaración de intereses para formalizar a relación entre ambos os municipios” no cal se acordaba Iniciar o proceso de formalización para o irmandamento entre Arbo-Sainte Terre.
O Concello de Arbo, acaba de remitir a Subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza dá Xunta de Galicia, o acordo adoptado para ser remitido ao Goberno de España para sú conformidade.