Arbo homenaxea aos Pescadores do Miño

No marco da LXV Festa da Lamprea

Arbo | A Festa da Lamprea remóntase á antiga tradición de pesca nas Pesqueiras. Rende un merecido homenaxe a unha forma de vida e a unha riqueza inmemorial, que durante anos, foi para Arbo, un motor económico, modo de subsistencia e mesmo de vida, formando parte imprescindible da súa economía e que marcou a existencia dos seus habitantes.

Na Ribeira do Miño en Arbo, sobre as marxes fluviais, unhas maxestosas construcións que abrazan ao pai Miño. De indubidable interese, son elementos senlleiros, únicos e singulares, que seguimos utilizando para a captura da lamprea, empregando unha técnica ancestral, artesanal, sostible e respectuosa co medio ambiente, tal e como facían os nosos antepasados.

A fama da que goza Arbo a nivel internacional, grazas á lamprea, non só lla dá a Festa ou a maneira de cociñala, senón a forma artesanal de pescala, utilizando a rede e as pesqueiras e que eleva o seu interese gastronómico para convertela no elemento estrela da nosa mellor tradición culinaria – manifesta o alcalde Horacio Gil.

Os Pescadores, expertos coñecedores dos hábitos da lamprea, utilizan a súa astucia e experiencia para capturala. Co seu coñecemento transmitido de pais a fillos, rexidos por un calendario herdado, que sinala as quendas de pesca, contribúen a manter viva esta práctica antiga e a conservar esta riqueza natural. É imposible definir con exactitude as xeracións de pescadores arbenses que levan usado esta técnica. Moitos deles, baixaban ao rio, arriscando as súas vidas, saltando de poio en poio, procedían a armar a súa rede, acompañados polos seus pais, cando eran todavia uns cativos cativos, sen importar o tempo, as crecidas e os perigos.

Nun tempo onde non tiñan reloxo, móbil, lanternas, traxes de auga ou zapatos, Nunha época, onde se traballaba de sol a sol, para sacar a familia adiante, sen importarlles madrugar, nin o frío, nin sentir como a humidade ía calando nos seus osos, os pescadores descalzos percorrían ós camiños ata as pesqueiras donde só a luz do candil marcaba os seus pasos, para así cumprir cun rito, que ano tras anos os levaba o río dende febreiro a maio.
Ala polos anos, corenta, cincuenta e sesenta as lampreas abundaban, e os pescadores estaban practicamente todo o día nas pesqueiras, chegando a dar nunha xornada máis de 150 lampreas, daquela abundancia, foron eles os grandes propulsores da Lamprea Seca.

Na beira do Miño, aínda poderemos ver pequenos refuxios, que utilizaban para gardar os aparellos de pesca, que ademais eran empregados para cubrirse do frío, tomar un café quente mentres falaban e arranxaban as súas redes, e así pasar as horas de espera entre armar e desarmar. Eran días duros e de moito traballo, días sen descansar e a piques sin durmir. A noite acababa e a faena no río tamén, pero a xornada continuaba para eles, nas faena do campo ou nos seus oficios.

Horacio Gil, rexedor arbense, remata dicindo “Os Pescadores, con paciencia, esforzo e un saber memorable, conservan un legado que nos caracteriza, contribuíron e contribúen co seu traballo a perpetuar un patrimonio arquitectónico e etnográfico “As Pesqueiras”, coa súa esencia poñen en valor o Rio Miño e manteñen viva a historia dun pobo, abarcando o seu significado histórico, humano, económico e gastronómico e transmiten a importancia que a Lamprea, ten para Arbo e os Arbenses – e por iso este ano o Arbense Distinguido, máximo recoñecemento que da o Concello de Arbo, é para os pescadores e pescadoras”.

Moitos son os pescadores de Arbo, grandes na arte de pesca e que nos deixaron este legado que nos distingue, Antonio dos Santos Estevez “O Roxiño”, Os Fernández , o Sr. Abilio Rodríguez de orixe portuguesa e que vivia na Cividade, O Brey, O Gago, todos eles de Barcela. Na parroquia de Sela Os Canelas, Os Curillas, Os Leandros, Os do Bugarín, Os da Casa Grande, Os do Blas, Os do Secundino, Os Carballos, Os Sarandón, O Carballosa, O Armandiño, O Bangueses, Os Camiña, Os do Catalan, Os da Laxe, Os da Canexa, Os da familia do Joaquin do Coto, Jose María, Pepe Sobreiral, O Demo e Generosa, única muller pescadora que se coñece. En Cequeliños O Jesús da Moreira que deixou o testigo ao seu fillo Joaquin Borines e o Sr. Enrique. Luís Alonso Simón veciño da Bouza que comezou a descubrir o rio o lado de veteráns pescadores como o seu pai, o Sr Xose Alonso, O Sr. Avelino da Chan, o Sr. Jose Alonso Gil da Bouza, coñecido como O Silvareira, o Sr. Benavides e o Sr Roquete, alumnos avantaxados da vella escola e da tradición. Os Abelardos, O Villaverde e o Mingos da Estación, a Familia da Jorda con Luís a Cabeza, a Familia Merlo, Os da Florinda e o Nelo, O Chosco de Sa Juan, Os Barqueiros, Os do Pataco, Os Vilas, Os do Feo, Os do Jaime e Os do Carteiro.

A figura dos pescadores estará representada por Severo Alonso Simón o pescador de maior idade neste momento e a Generosa Tato Nicolao, única muller pescadora actualmente, por representar as distintas xeneracións de pescadores.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.