Arbo | O Concello de Arbo, un ano máis quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e ún ano máis queren celebrar o evento tradicional “Vodas de Ouro”.
Todos aqueles matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados (Vodas de Ouro) ” dende o 16 de febreiro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021, pódense anotar nas oficinas municipais do Concello de Arbo, para a homenaxe que se vai a celebrar o vindeiro 31 de xullo.
Tamén poderanse anotar todas aquelas parellas que o ano anterior non poideron participar.
Este ano o acto ven marcado pola crise sanitaria, e tivose que cambiar a data de febreiro a xullo, ao igual que o escenario do acto que pasa de ser no auditorio a ser na Praza do Concello.
Dende o Concello animan a todos os matrimonios que este ano cumpran os 50 anos o xa o cumpriran, a anotarse e participar neste acto, no que se tomaran todas as recomendación e medidas sanitarias.
A data límite para anotarse será ata o vindeiro 15 de xullo.