Arbo | O Concello adxudicou as obras de mellora dun camiño municipal no lugar de Rocha en Arbo, que se financiará a través do Plan Marco da Consellería do Medio Rural.
O investimento total é de 54.919,63 € (IVE 21% incluído), dos cales a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia aporta 45.388,13 € e os 9.531,49 restantes son con cargo a fondos propios do Concello, un orzamento co que se executarán actuacións de acondicionamento do pavimento e mellora de servizos do trazado para unha maior seguridade viaria.
Con esta actuación preténdese resolver os problemas de dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas a través dun camiño municipal actualmente estreito e con zonas de pavimento en mal estado.
Os camiños rurais facilitan a accesibilidade as parcelas agrarias, que no caso de Arbo esta adicada maiormente ao cultivo da viz, polo que con esta mellora no Vial de A Rocha se facilita o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias o que axuda a unha maior axilidade das operacións, un maior servizo para os veciños e veciñas e unha redución de custos e dos tempos na realización das tarefas propias da actividade agraria”, segundo manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
As obras a realizar segundo memoria redactada consisten na roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira, execución de muros de cachotería, entubado das augas de rega, e pavimentación final condicionado polas pendentes
No marco das súas funcións, correspóndenlle a Xunta, entre outras, o deseño e a implementación de estratexias e plans integrais para o desenvolvemento e a xestión do territorio rural que coordinen actuacións de diversa natureza e conten coa participación dos axentes públicos e privados, así como contribuír ao reforzo do tecido social e á mellora da capacidade organizativa das áreas rurais. Neste contexto, informa o edil do Concello de Arbo, Horacio Gil, cómpre o Concello de Arbo promover accións encamiñadas á execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais, que xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións devida e traballo no medio rural.