Arbo investirá un millón de euros en obras

En distintas parroquias do municipio

Arbo | O Concello de Arbo, acaba de confirmar que investirá máis de un millon de euros en obras de mellora en distintas parroquias do municipio.

O diñeiro da inversión ira destinado a redes de saneamento, a instalacións deportivas, posta en marcha do local social, obras de mellora en estradas e camiños, melloras peonil, parques infantís e redacción de proxectos para vindeiras obras.

Entre as actuacións que se van a realizar atópanse:
Subministro equipamento no Centro Social de Arbo (51.425,00 €). Ensanche e pavimentación no Lugar de Casanova – Mourentán (83.208,30 €.-). Reposición de vial e execucion de muro no lugar de Vilar (51.613,82 €-Suministro varanda en camiño fonte da Igrexa e peche parque infantil de San Antonio (17.769,45 €). Mellora vial acceso a Portela – Cuarto (48.396,94€). Conexión do saneamento en Almuíña á rede xeral (31.738,52 €). Reforma de vestiarios do campo de fútbol municipal (33.268,59€.-), mellora da pavimentación na rúa la Habana e no acceso a Fonte María, Arbo (28.297,00 €) e Mellora e ampliación en vial de Arbo a Vilar-As Laxas (54.431,35€.-)

Estas melloras desempeñan un papel crucial na conectividade e accesibilidade de Arbo e os seus arredores. O adecuado mantemento e acondicionamento destas vías, así como infraestruturas municipais, non só mellora a calidade de vida dos nosos cidadáns, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento económico do municipio – informa o alcalde de Arbo – Horacio Gil.

Entre os proxectos a destacar esta a mellora da mobilidade peonil no entorno da Capela de San Xoán de Barcela. Fase I, cun orzamento de 405.509,66 €, donde esta previsto a mellora da mobilidade peonil no entorno da capela de San Xoán de Barcela, nun ámbito de actuación total de 2.117 m2 que comprende o ámbito central do núcleo de Barcela, ámbito de enorme valor patrimonial e de estrutura heteroxénea, cun crecemento ligado ao antigo vial que conectaba o núcleo Barcela co de os Eidos polo oeste e con Arbo polo leste.

Esta estrada tradicional perderá afluencia de tráfico coa creación da nova estrada autonómica PO-400, que circunvala o ámbito polo sur, liberando a zona de actuación da carga de vehículos que facían inviable a creación dun espazo público continuo e de calidade e a “Mellora da Mobilidade Peonil no treito antigo da EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela no entorno da Igrexa de San Sebastián de Cabeiras” cun importe das obras que ascenden a 416.064,84€.- , das que a Deputación financiará 332.851,87€.- (80% do importe das obras) e o Concello de Arbo 83.212,97€.- (20% do importe das obras), correspóndelle a Deputación de Pontevedra a licitación, dirección e execución das obras. As obras seran contratadas polo ente provincial dacordo ao Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo.

Dende a chegada ao Goberno, nos propuxemos mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Arbo, asi como atraer nova poboación, tendo claro que as inversións e melloras fan máis atractivo o noso Concello – manifesta Horacio Gil –

Ademais, das obras que xa se están realizando ou en proceso de licitación, se esta traballando tamén na redacción do proxecto “Humanización dá rúa Vázquez Estévez – Fase I”, para o que a Deputación de Pontevedra, concedeu unha subvención de 12.779,14 € e noutras infraestruturas de importancia para Arbo – remata o rexedor.