Arbo | O Concello de Arbo, formalizou no pleno do 26 de setembro a súa adhesión á quinta Eurocidade da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, xunto a Cañiza, As Neves, Crecente e Melgaço.
O Pleno da corporación acordou declarar formalmente aos Municipios de Arbo, As Neves, Crecente e A Cañiza, pertencentes a provincia de Pontevedra, Comunicade Autónoma de Galicia (España) e a Cámara Municipal de Melgaço (Portugal), cidades irmás e aprobar a redacción da CARTA DE IRMANAMENTO dos precedentes Acordos, co fin de proceder á creación da “EUROCIDADE DO MIÑO.
Ante a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, As Neves e Melgaço, crease a “Eurocidade do Miño”.
Arbo estivo de celebración o día 23 de abril por dous motivos. En primero lugar, porque tras dous anos de parón pola pandemia, levouse a cabo a LXII Festa da Lamprea; unha festividade declarada de Interese Turístico Nacional polo seu alto valor social e gastronómico. Pero tamén foi unha data simbólica, porque os municipios fronteirizos de Arbo, Crecente, A Cañiza, As Neves (situados no sur de Galicia; na provincia de Pontevedra) e Melgaço (distrito de Viana do Castelo), asinaron o protocolo de cooperación para crear a “Eurocidade do Miño”.
Un acto que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas; contando coa asistencia dos rexedores fronteirizos e de representantes de diferentes institucións galegas. Alí, as autoridades resaltaron a proximidade xeográfica, así como as afinidades culturais, históricas e económicas existentes nestas vilas. A “Eurocidade do Miño” tería unha zona de influencia directa de 30.000 persoas, sen contar o fluxo indirecto das zonas máis poboadas de Galicia, como Vigo, Pontevedra e Ourense, entre outras grandes poboacións do sur da comunidade.
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, destacou na súa proposta que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz, proseguindo os principios de cidadanía europea e dunha Europa máis conexa e sen fronteiras.
Tendo en conta que as relacións de irmandamento constitúen unha ferramenta de coñecemento e colaboración entre as poboacións, promovendo a cidadanía europea e unha Europa máis unida e cohesionada, o pleno da corporación de data 26 de setembro aprobou declarar formalmente aos Municipios de Arbo, As Neves, Crecente e A Cañiza, pertencentes a provincia de Pontevedra, Comunicade Autónoma de Galicia (España) e ao Presidente da Cámara Municipal de Melgaço (Portugal), cidades irmás, e aprobar a redacción da CARTA DE IRMANAMENTO dos precedentes Acordos, co fin de proceder á creación da “EUROCIDADE DO MIÑO”.
Horacio Gil, informa que o goberno arbense, xa viña traballando dende hai anos na creación desta Eurocidade que se viu truncada pola COVID-19, considerando que os lazos de amizade e cooperación entre as poboacións destes concellos e as comprobadas ganas das partes en colaboraren para o benestar dos seus cidadáns e se mantiverán xa nas lexislatura anterior varios encontros cos alcalde dos municipios limitrofes de Arbo, e que se retomaron a principios do ano 2022- remata o rexedor Arbense.