Arbo | O Concello de Arbo continúa no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así, a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está a reparar as estradas e pistas municipais, eliminando obstáculos e imperfeccións; ademais, pretende ampliar os viais e mellorar os trazados actuais.
Dada a ampla superficie do Concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada, sendo necesarios proxectos de ensanche e pavimentación que melloren substancialmente ditas estradas para elo, e co fin de mellorar a estrada de Casanova, o Concello de Arbo recibe unha achega da Deputación de Pontevedra con cargo o Plan + Provincia 2024 por importe de 8383.208,30 € (IVE do 21% incluído que ascende a 14.441,11€)
As obras incluídas neste proxecto consisten no ensanche e a pavimentación dun camiño municipal, no lugar da Casanova, na parroquia de Mourentán e as mesmas licitaranse a través da Plataforma de contratación do Estado. O camiño é de titularidade municipal, e atópase en terra, entroncando coa estrada provincial EP-5003. Dado a súa escasa anchura, exponse alargar a plataforma ata os 3,50 m, e pavimentalo con mestura bituminosa en quente, para elo será necesario executar muros de contención para proceder ao ensanche, que se executarán con cachotería granítica.
O Concello conta coa concesión de subvención no marco do incluído no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024) con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra incluída no “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN NO LUGAR DE A CASANOVA (MOURENTÁN)” e coas actuacións previstas preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño, realizando un ensanche necesario, e unha pavimentación que permita aos vehículos transitar de forma segura polo vial.