Arbo | Vista a convocatoria da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes das “subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais o Concello de Arbo, solicita a Xunta unha achega para a mellora do accesoa Capela de San Sebastian e a Travesia de Abelenda na parroquia de Mourentan en Arbo.
As obras que ascenden a 49.999,02 Euros (IVE 21% incluído), considerase polo Concello de Arbo moi necesarias, para a mellora e adecuación das infraestruturas básicas existentes coa finalidade de favorecer e elevar as condicións de vida dos veciños residentes nesta zona rural do Concello de Arbo, facilitando a comunicación entre núcleos. da poboación existente e do propio centro do Concello.
Este proxecto engloba dúas actuacións:
1.- Acondicionamento da vía de acceso á Capela de San Sebastián
2.- Acondicionamento da Travesía de Abelenda.
1.- Acondicionamento da vía de acceso á Capela de San Sebastián
Vía que une os lugares de Abelenda e A Rocha, dando servizo ás diferentes vivendas espalladas pola zona, a Capela de San Sebastián e o depósito de auga do servizo municipal.
Trátase de ampliar o ancho da calzada actual (3,50 m) ata os 4,00 m e conducir as augas de escorrentía superficiais, a través dunha gabia revestida de formigón, co fin de evitar o seu libre fluxo pola calzada e os laterais.
2.- Acondicionamento da Travesía de Abelenda
Trátase de conducir parte das augas de escorrentía superficiais achegadas pola vía anterior e conducilos, a través dunha gabia revestida de formigón, ata a canle receptora. Así mesmo, procedendo a captar, nun dos lados, as augas de manancial superficiais que alimentan un lavadoiro de fontes, situado ao outro lado da travesía, e que na época máis seca discorren por un plano inferior.