Arbo | Baixo o lema “Agora máis ca nunca apoia ao Comercio Local” O Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “Comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade Arbenses .
Os negocios repartirán entre os seus clientes rifas polas súas compras. En total imprimíronse preto de 150.000 rifas. En total repartiranse ao redor de 3000 euros en premios: un vale de 500 euros, un vale de 250 euros, un vale de 150 euros, tres vales de 100 euros e 25 vales de compra de 50 euros.
O sorteo efectuarase en xaneiro, repartindo os vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo que participan na Campaña de Nadal, aos agraciados no sorteo.
Coa posta en marcha desta campaña o Concello de Arbo e os seus comercios pretenden atraer a un maior número de clientes e fidelizar aos seus compradores máis habituais. Sinalando ademais a importancia de apoiar o pequeno comercio local tan importante para Arbo e que é a base da economía de moitos arbenses “Comprar en Arbo xera postos de Traballo é Riqueza ao municipio”.
O alcalde do Concello de Arbo, anima a que os arbenses e os visitantes desfruteden da vila, especialmente atractiva nesta época do ano, e que aproveiten para realizar todas as compras nos comercios de Arbo, nas empresas, a que visiten os nosos locais de hostalería, bares, restaurantes, casas de turismo rural, as nosas adegas.
Así, os consumidores poderán degustar todos os marabillosos produtos, e porque non, a desfrutar dunha fascinante experiencia nunha das nosas empresas de turismo de aventura, encontrándovos, – aínda que sexa con mascarilla e mantendo as distancias de seguridade, con todos os vosos veciños e veciñas para desexarlles un Bo Nadal – remata o rexedor.