Arbo | O Concello de Arbo convoca o sorteo “Visita o Museo e Gaña”, co obxectivo de premiar aos visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, así como dar a coñecer este recurso turístico de Arbo que no ano 2023 cumpriu 20 anos dende a súa inauguración e a o mesmo tempo promocionar os viños das adegas de Arbo, a gastronomía e a “LXIV Festa da Lamprea” que terá lugar o 26, 27 e 28 de abril de 2024.
Poderán participar no sorteo as persoas maiores de idade que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” dende o 16 de setembro de 2023 ao 31 de marzo de 2024 . Os interesados en participar deberán encher a papeleta que se lles entregara o final da visita na urna ubicada na entrada ao Museo. Os/as gañadores/as coñeceranse o 2 de abril.
Atraer turistas a Arbo potenciando os nosos recursos, foi o primeiro obxectivo desde que chegamos ao goberno, e faise imprescindible para que a economía de Arbo xere beneficios, os cales van dirixidos para unha parte da poboación, e conseguindo que Arbo móstrese ao exterior cunha imaxe positiva, converterase nun beneficio para toda a poboación- explica o alcalde de Arbo Horacio Gil.
Premios
Primeiro Premio: Un lote de produtos do Museo. Segundo Premio: 1 lote de viño, 1 botella de espumoso e 1 botella de augardente das adegas de Arbo. Terceiro Premio: 1 Vale degustación de lamprea Seca a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea” e unha botella de viño. Cuarto Premio: 1 Vale degustación de lamprea Estilo Arbo a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”. Quinto Premio: 1 Vale degustación de lamprea en empanada a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”.
Antes de empezar a promoción, planificamos unha serie de cuestións que nos ían a axudar a ter un maior impacto, e, por tanto, que foran máis efectivas – informa o rexedor Horacio Gil- Así conseguimos no 2016 o titulo de festa da lamprea de interese Turístico Nacional e neste ano o de titulo de Interese Turistico Internacional para a Festa da Lamprea que ten lugar o último fin de semana de Abril, que nos dá unha visión traspasando fronteiras.
No ano 2022 tamén a Festa da Lamprea seca que ten lugar o segundo fin de semana de agosto acadaba o titulo de “Festa de Interese Turístico de Galicia”.Participación en eventos como Expourense, Fitur, presentación na Casa de Galicia en Madrid, en Lisboa, León ou Lleida, concursos, blogue trip… fan que cada ano máis turistas escollan Arbo para pasar as súas vacacións.