Arbo “quenta motores” coa VIII Andaina da Lamprea

Será o domingo 13 de abril previo á celebración da LXV Festa da Lamprea de Arbo

Arbo | Un ano máis e coincidindo cos actos previos a Festa da Lamprea, o Concello de Arbo organiza a VIII Andaina da Lamprea o domingo 13 de abril.

A actividade foi superándose en cada edición, tratase dunha experiencia moi recomendable na que, ademais de facer actividade física, gózase dunhas vistas inmellorables. Arbo é terra de inspiración e todo elo o queremos mostrar na Andaina da Lamprea.

A actividade arrincará na Praza do Concello ás 9:30 horas para un percorrido de 12 quilómetros. Para participar nesta actividade (de dificultade media-alta), os interesados deberán abonar 10 euros en concepto de inscrición na conta municipal É 44 2080 5011 8530 40005379. A data límite para anotarse é o próximo 10 de abril ás 18:00horas e pódese facer no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” ou a través do correo electrónico museoarabo@concellodearbo.gal (enviando a inscrición e o xustificante bancario de ingreso da taxa).

En Arbo estamos orgullosos da contorna no que temos a sorte de vivir, non só pola innegable beleza dos nosos ríos e montes, as fermosas praias fluviais e augas medicinais, senón tamén, polas enriquecedoras maneiras de gozalo que desenvolvemos. Arbo é pura natureza, é paisaxe, pero tamén conta cun gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de carácter místico e relixioso onde a auga, as pedras e a lamprea son protagonistas de fascinantes historias.

Xa vai pola súa oitava edición a Andaina da Lamprea, e nela preciosos sendeiro para os amantes do camiñar, un importante patrimonio artístico e unha gran vida cultural.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.