Arbo | Trátase dun lavadoiro situado preto do núcleo urbano de Arbo, no Barrio de Teimende. Sitúase a un nivel inferior ao camiño que dá acceso e encostado a edificación existente.
De planta paralepipedica, case rectangular, con cuberta a tres augas apóiase en dúas liñas de tres piares que sustentan unha estrutura de vigas de madeira de castiñeiro sobre as que se dispón o armazón para a súa cobertura de tella plana. Os distintos compoñentes do armazón, atópanse bastante deteriorados por acción dos fungos e a falta de mantemento.
Por medio da presente intervención, preténdese frear a deterioración e restablecer a un estado óptimo que mellore as súas condicións para a recuperación do seu uso ante a poboación. Ante o índice de degradación no que se atopa a construción, o programa para desenvolver consiste nun plan de intervención global, coordinando os diferentes oficios – informa o alcalde Horacio Gil.
A intervención engloba os seguintes procesos e materiais:
– Acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións: Consiste na roza da vexetación e limpeza xeral do contorna
-Substitución de estruturas deterioradas: A estrutura de madeira considérase non apta para a súa reutilización procedendo á súa substitución por outra nova, seguindo a mesma pauta en canto a composición e materiais da existente. Así mesmo os piares substituíranse por piares de cantería de pedra.
-Retellado: De difícil aproveitamento o existente , se prevé a súa substitución por tella de similares características.
-Pavimentación en interior e accesos: A pavimentación realizarase con laxas de pedra de despezamento regular, colocadas sobre soleira de formigón ou sobre cama de morteiro de cemento, e con formación de pendentes nas canles de desagüé en morteiro de cemento.
-Limpeza e encintado de elementos de cachotería de pedra. Os muros de cachotería de pedra, limparase con chorro de auga a baixa presión, retirando o rexuntado existente para o seu posterior rexuntado con morteiro da o cal.
-Procederase ao revestimento e pintado de paramentos (hoxe revestidos e pintados), con cores acordes co medio e procederase ao revestimento e mesmo acabado dos paramentos que hoxe se atopan en bloque de hormigon. Os elementos construtivos realizados en fábrica de ladrillo limparanse con chorro de auga para o seu posterior tratamento.
-Limpeza e tratamento do vaso de lavadoiro: Procederase á súa limpeza e posterior tratamento de xuntas , así como á formación de soleira coas súas respectivas pendentes cara ao conduto de desague.
-Reparación ou substitución dos elementos singulares: Os elementos singulares ou remates, repararanse ou substituirán por outros seguindo criterios de tradicionalidade
arquitectónica.
-Limpeza e retirada de entullos: A obra e a súa contorna quedarán preparados para o seu uso inmediato. Todos os entullos serán retirados a entulleira autorizada.
Nos últimos anos o Concello de Arbo, recuperou varios lavadoiros como por exemplo o do Urzal na parroquia de Barcela, Perneiral e Coutada na parroquia de Cabeiras, Valiñas e Lama na parroquia de Sela, Lavadoiro de Ferral, de Turbela, no Barrio da Estación, o do Vieiro, Hemida, entre outros.