Arbo | Á vista do expediente que se tramitou ante a Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, ao abeiro da Orde de 12 de decembro de 2019 o Concello de Arbo, acaba de recibir unha achega para a actuación “Reparación e mantemento en Museo Arabo e Centro Multiusos”, cun orzamento total de 39.999,05 € (IVE do 21% incluído),
Con dita actuación solucionou problemas nos edificios municipais Centro Multiusos e o Museo Arabo, o Museo Arabo, preténdese e emendáronse os distintos problemas existentes centrados fundamentalmente na cuberta da edificación, ocos de fachada e soportais laterais, así como os problemas causados pola entrada de auga nas distintas dependencia, mentres que no Auditorio emendáranse os distintos problemas existentes, ademais de mellorar as instalacións de vídeo, electricidade e iluminación.
As obras serán realizadas por unha empresa construtora de Arbo o igual que as ultimas contratadas por esta admnistración.
O Concello de Arbo traballa na adxudicación destas obras as empresas locais para reactiva a economía local, tal é como esta reflexado do Plan de reactivación do Eixo Social, Sectores Turísticos, Comercio Local e Tecido Empresarial de Arbo fronte aos efectos derivados da COVID-19, seguindo priorizando as empresas locais da construcción para as obras municipais.
O Concello de Arbo, seguira realizando obras e priorizando as compras e os servizos a empresa local, según a demanda dos veciños e veciñas de Arbo para mellorar a vida dos arbenses- informa o rexedor Horacio Gil
A construción ten un efecto na economía local, pola creación de emprego e o fomento de actividade noutros aledaños, e esta dentro do Plan de reactivación do Eixo Social, Sectores Turísticos, Comercio Local e Tecido Empresarial de Arbo fronte aos efectos derivados da COVID-19 redactado por este goberno e coordinado polas empresas interesadas neste sector, a contratación de empresas locais de Arbo, informa o alcalde. O Concello dende a chegada deste goberno sempre priorizou as compras e a contratación na empresa local, co obxetivo de impulsar todos os sectores da construción, servizos, turísticos… que son as principais fontes de emprego en Arbo- remata o rexedor
Nos vindeiros días, o Concello de Arbo, reabrira as visitas ao Museo Arabo, para seguir promocionando os viños, a Lamprea e todos os recursos naturais que este municipio ofrece aos visitantes.
As visitas ao Museo serán realizadas con cita previa e seguindo as recomendacións sanitarias e con todas as medidas hixiénico sanitarias obrigatorias para a apertura destes edificios.