Arbo | Nunha recepción levada a cabo no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, o Alcalde Horacio Gil daba a benvida o pasado mércores a Eriko Nagata, procedente de Xapón, a quen acompañou nunha visita guiada polos enclaves máis importantes do municipio de Arbo, entre os que destacaron o Puente Románico de San Xoan, as Pesqueiras, o Museo e unha adega.
Eriko, a nosa blogueira visitante, experta en gastronomía, e coñecedora dos viños con D.O. Rías Baixas, foi recibida en Leira a Moreira, para visitar a adega Marques de Vizhoja, por ser Eriko coñecedora dos seus viños e ser a adega escollida para iniciar o seu itinerario de en Arbo. Tamén visitou as Pesqueiras dos Cregos onde coñeceu a arte ancestral e sostible da Pesca da Lamprea, ao Puente Románico de San Xoán e un percorrido pola historia da Festa da Lamprea na exposición permanente que o Concello de Arbo ten no Museo Arabo.