Arbo | O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro ”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data 4 de decembro de 2o2o, concederlle ao Concello de Arbo a través da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2o2o.
A memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal, serviu de base para a petición da subvención, e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 6.277,96€.- € e as obras serán realizadas por unha empresa local.
Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela e o seu entorno próximo, xa que tratase da zona máis antiga de Arbo. Retirarase o aglomerado asfáltico e colocarase pedra deixando unha franxa de quince centímetros no entorno coas paredes. Farase unha recollida de pluviais e conducirase ata o rergo existente. As obras serán contratadas e comezarán nos vindeiro mes.
Coas obras proxectadas pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais, e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes, así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento.
Unha serie de melloras demandadas polos veciños e veciñas e que pouco a pouco o Concello esta executando para dar cumplida a súa resposta-informa Horacio Gil – no mesmo senso, realizaronse obras de rehabilitación de varios elementos patrimoniais e emblemáticos deste concello como foron no 2017 a Ponte Romanica de San Xoan, e maís recentemente o Palco de San Benito, o Muiño de San Xoan e o entorno da Capela de San Xoan.