Arbo | O Concello de Arbo, adxudicaba a contratación das obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Civida 2ªFase” a traves da plataforma de contratación do Concello de Arbo. As obras, que daban comezo no ultimos meses do ano 2020, incluía no proxecto o ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executara meses anteriores a primeira fase.
O importe do contrato ascendeu á cantidade de 90.978,94 € (IVE do 21% incluído que ascende a 15.789,73 €) e o concello de Arbo contaba cunha subvención da Deputación provincial de Pontevedra.
Con este tipo de obras, o Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos, realizandose nos últimos anos de goberno máis de 200 acondicionamentos, pavimentacións, ampliacións e melloras en estradas municipais.
“Nos últimos anos de goberno realizaronse máis de 200 acondicionamentos, pavimentacións, ampliacións e melloras en estradas municipais”
Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.
Coas actuacións realizadas pretendeuse mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño Urzal –Cividade , obxecto da obra, pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado, e así dar continuidade ao mellorado nunha primeira fase- informa o rexedor do Concello Horacio Gil.
Seguindo a mesma linea de melloras en camiños de titularidade municipal, no ano 2021 o Concello ten previsto a última fase das melloras no Acceso ao barrio do Couto en Arbo, a Igrexa a Cequeliños, a humanización da Estrada da Estación de Arbo…. entre outras.