Arbo | Arbo, como concello impulsor da “Eurocidade do Miño”, acaba de remitir a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea os acordos plenarios de Arbo, A Cañiza, Crecente e As Neves para seguir coa tramitación para a creación Eurocidade do Miño.
A creación da “Eurocidade do Miño” ten o propósito de incrementar os beneficios de traballo en equipo entre as cinco institucións fomentando a coooperación entre paises veciños.
O inicio do expediente tiña lugar en abril de 2022 no Salón de Plenos do Concello de Arbo, coincidindo coa Festa da Lamprea, donde se asinou a carta de amizade; contando coa asistencia dos rexedores fronteirizos e de representantes de diferentes institucións galegas. Alí, as autoridades resaltaron que a «Eurocidade do Miño» tería unha zona de influencia directa de 30.000 persoas, sen contar o fluxo indirecto das zonas máis poboadas de Galicia, como Vigo, Pontevedra e Ourense, entre outras grandes poboacións do sur da comunidade.
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, destaca, que a cooperación transfronteiriza é un dos medios máis eficaces con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras, a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz, proseguindo os principios de cidadanía europea e dunha Europa máis conexa e sen fronteiras.
Os municipios de Arbo, Melgaço, As Neves, Crecente e A Cañiza son territorios fronteirizos e limítrofes que contan cun rico patrimonio natural, histórico e cultural, comparten fronteira natural como é o Rio Miño ou o seu afluente o Deva e gran parte das súas principais características xeográficas, económicas, sociais, históricas e culturais, o que favorece a cooperación entre elas, sen prexuízo da súa diferente estrutura política e administrativa;
Coa sinatura do protocolo aprobado, unha vez se obteña o informe favorable do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, os cinco concello, comprométense a colaboración e intercambio de información, coñecementos e experiencias, especialmente nas cuestións que afectan a deporte, cultura, patrimonio, promoción, emprego, política social e turismo, así como a favorecer o traballo conxunto promovendo a participación dos asinantes en encontros, xornadas e eventos similares, co ánimo de potenciar os coñecementos e as propostas que desenvolven en común, o que enriquecerá e reforzase o vínculo existente entre eles.
Horacio Gil, informa que o goberno arbense, xa viña traballando dende hai algúns na creación desta Eurocidade que se viu truncada pola COVID-19, coas primeiras reunións coa Xunta de Galicia e a Camara de MelgaÇo, considerando que os lazos de amizade e cooperación entre concellos fronteirizos sería un importante paso para o municipio de Arbo.
Unha vez asinado o protocolo e creada definitivamente a Eurocidade, o presidente da Camara de MelgaÇo ostentará a Presidencia por un ano, seguido por Horacio Gil, como Vicepresidente. O segundo ano a Presidencia será para o Concello de Arbo. Entre as áreas de intervención da Eurocidade do Miño, atópanse temas relacionados coa Cultura, Deporte, Turismo, Desenvolvo Municipal, Recursos Humanos, Educación, Politica Social, Medio Ambiente e Gastronomía.