Arbo rende homenaxe á Lamprea Seca

Os días 11, 12 e 13 de agosto coa 28º edición da Festa da Lamprea Seca

Arbo | Con  28 edicións, a Festa da Lamprea Seca é un dos principais eventos de cuantos celébranse en a provincia de Pontevedra e está declarada se Festa de Interese Turístico  de Galicia.

Grazas ao éxito cultivado en edicións anteriores, esta celebración permanecerá, durante tres días na Caballeira de Turbela con actividades para todos os públicos. A Festa da Lamprea Seca de Arbo celebrará este ano a súa XXVIII edición, os dias 11, 12 e 13 de agosto.

En Arbo, a protagonista segue sendo a lamprea, un verdadeiro manxar á que lle redimos culto tamén no mes de agosto (11, 12 e 13). Arbo, é un remanso de paz en que a combinación de paisaxe natural, gastronomía, tradición, patrimonio e carreiros exercen unha influencia fascinadora sobre o visitantes.

Este ano a Festa da Lamprea Seca celebrará a súa XXVIII edición os días 11, 12 e 13 de agosto durante as tres xornadas festivas de exaltación nosa afamada lamprea durante a chamada «Festa da Lamprea do verán» na xa tradicional “Carballeira de Turbela”. É a consecuencia da repercusión e a demanda do visitante, ávido de seguir gozando dunha exquisitez única que cada vez desestacionaliza máis o seu consumo ao ir coñecendo o público asistente esas outras deliciosas receitas coas que os cociñeiros e cociñeiras de Arbo son capaces de preparar este exclusivo manxar do Miño fóra da tempada de pesca. Ademais, como ben sabedes,

Arbo é considerada como a capital mundial da lamprea. Como se adoita dicir, non sabe igual se se saborea en Arbo coma se elabórase en calquera outro punto da xeografía española ou do mundo.

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano.

Programación:  
11 de Agosto (Venres)
21.00h: Apertura de postos de degustación
22.00h: Actuación do  grupo “Prysma”
12 de Agosto (Sábado)
10.00h: Andaina popular, saíaa dende o Museo “Arabo” e chegada á Carballeira de Turbela. Inscrición no email:  arabomuseo@gmail.com
11.00h Apertura de postos de degustación
13.00h a 15.30h: actuación do grupo “Tonichi y Pacheco”, na Carballeira de Turbela
22.00h: Concierto do  grupo  arbense “Mel de Meiga”
13 de Agosto (Domingo)
10.00h: Festa da Bicicleta. Saída dende a Plaza del Concello e chegada á Carballeira de Turbela.  Inscrición no web www.festadalamprea.gal
11.00h: Apertura de postos de degustación
12.00h: Actuación do  grupo folclórico “A.C. A Barca de Loimil”
13.00h a 15.30h: actuación do grupo “O son das tabernas”, na Carballeira de Turbela