Arbo “Sabe Amar”

II edición da campaña gastronómica este 19 de outubro

Arbo | Arranca a segunda edición da campaña Galicia Sabe Amar, impulsada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que chegará á Praza do Mercado o vindeiro sábado 19 de outubro.

Dende ás 9:00horas a 15:00horas haberá degustación gratuíta de produtos do mar para todos e todas os/as que se acheguen ao “restaurante móbil” da Xunta de Galicia.

GALICIA SABE AMAR, é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo, así como difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira, promover o consumo e a venda de peixe e marisco e poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen á subministración de alimentos de calidade.

A primeira edición da campaña, tiña lugar en outubro de 2023, cunha gran acollida entre os veciños e veciñas de Arbo e os compradores na Praza do Mercado, donde os praceiros da Praza de Abastos tamén participaron na actividade. Dende o Concello de Arbo, animan a todos e todas, a que se acheguen a probar as delicias que serán preparadas polo cociñeiro da foodtruck. Tamén animamos a que compren os seus produtos frescos na Praza de Abastos para cociñar as súas receitas. Na Praza de Mercado poderán comprar produtos de calidade, terán un bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra – informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.