Lugo | A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidieron a Xunta Local de Seguridade do Arde Lucus na que se abordou o deseño dos dispositivos de vixilancia que se desenvolverán na capital entre o 13 e o 16 de xuño con motivo da celebración das festas de recreación histórica.
Durante a reunión a rexedora puxo en valor a relación de cooperación permanente que manteñen Policía Local, Policía Nacional, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil.
“A liña de traballo colaborativo que manteñen todos o noso curpos de seguridade e os servizos de emerxencia contituye un aval fundamental para o desenvolvemento dos espectáculos e actividades programadas dentro desta festa desenvólvase coa máxima seguridade”, afirmou Alvarellos, quen agradeceu a implicación de todos os corpos.
Policía Local despregará para o Arde Lvcvs 2024 ata 10 patrullas de forma simultánea para atender as necesidades do evento nos momentos de máxima actividade da programación. Deste xeito, durante as tardes do venres 14 e sábado 15, así como as madrugadas de mesmo sábado e do domingo 16, e coincidindo cos eventos máis multinudinarios, se concetrará o maior número de efectivos. Ademais este control de eventos, así como a supervisión dos accesos efectuarase en colaboración co Servizo Municipla de Protección Civil.
De feito, o servizo de voluntarios instalará dous puntos de indetificación para menores con pulseira que estarán situados na praza Maior e na praza da Soidade e que teñenm por obxectivo a localización das crianzas en caso de desorientación.
Prazas da Soidade e da Avilés
Concretouse o Plan de Autoprotección dos festexos que, entre outras medidas, contempla unha dotación de bombeiros exclusiva, que se suma ao servizo ordinario da cidade e que atenderá as posibles incidencias relacionadas co Arde Lvcvs con base en dous puntos estratéxicos da zona urbana. Habilitaranse dúas dotacións de bombeiros formada por 8 profesionais. Unha situada en praza da Soidade e outra con base na praza de Avilés.
Todo este esforzo completaráse cos dispotivos da Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil de Tráfico. Pola súa su banda, Isabel Rodríguez ofreceu a máxima colaboración e apoio dos corpos e forzas de seguridade do Estado ao concello, “especialmente nunha cita que suscita grande interese polo seu atractivo histórico, cultural e social, e que encherá de novo as rúas de Lugo”.
Por iso, garantiu “a coordinación en materia de seguridade para tratar de que todo se desenvolva coas máximas garantías e sen incidencias”. Na foto, xuntanza de seguridade no salón de plenos do Concello.