Lugo | Nin tambores, nin entrada das lexións nin toma da cidade. Este Arde Lucus de transición comezou pasado por auga e con romanos e castrexos escenificando, man a man, o inicio da festa de recreación histórica.
A vixésima edición do Arde Lvcvs estivo pasada por auga. O mal tempo obrigou a dar un xiro á previsión e foron só un puñado de romanos e castrexos os que acudiron á ponte romana a carón do Miño. Son catro días de celebracións e homenaxes á historia da cidade.
Na explanada do pavillón municipal, e a cuberto, o grupo Califato 3/4 encargábase de poñer a nota musical á xornada inaugural. O Concello optou por instalar unha carpa que tamén acolleu o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
A pesares da climatoloxía adversa e a pandemia o espírito segue vivo. Celebranse mostras, recreacións e música nos que a cidade se somerxerá de novo no pasado nunha edición con espírito de transición. Unha celebración na que as máscaras e as precaucións tamén deben seguir vivas. O Arde Lvcus ofrece exhibicións a teatro ata o domingo día 20.