Arte pola Paz. De Hiroshima a Santiago

Exposición organizada pola Editorial xaponesa Qualiart e a Fundación Eugenio Granell coa colaboración da Asociación Casa Galicia Xapón

Santiago de Compostela | A Editorial xaponesa Qualiart e a Fundación Eugenio Granell organizan a exposición World Peace Art. Exhibition 2024. Hiroshima to Santiago de Compostela inaugurada este na capital galega este xoves, día 17 de outubro ás 17:30h, que conta coa colaboración da Asociación Casa Galicia Xapón.

Ao acto inaugural asistirán o ex embajador da UNESCO, Isao Kiso, Goretti Sanmartin -Alcaldesa de Santiago, Miriam Louzao -Concelleira de Cultura, Anxo Lorenzo – Secretario Xeral de Cultura e membros do Padroado da Fundación Eugenio Granell, entre outras autoridades.

World Peace Art. Exhibition 2024. Hiroshima to Santiago de Compostela é unha exposición de arte que presenta as obras de aproximadamente 220 artistas
xaponeses amantes da paz. Entre os participantes na exposición atópase o alcalde de Hiroshima, Kazumi Matsui.

Un membro da organización Nihon Hidankyō (Premio Nobel da Paz 2024) , Sr. Sakuma – Presidente Nihon Hidankyō Hiroshima- impartiu unha conferencia en Hiroshima que se enmarca dentro da exposición organizada por Qualiart e que agora pode visitarse na Fundación Granell ata o día 22 de outubro ás 13:00h.

Ao crear oportunidades para que as persoas apaixonadas polas súas actividades artísticas día e noite presenten as súas obras, e ao mesmo tempo permitirlles experimentar intercambios culturais que non se poidan obter en ningún outro lugar, esperamos mellorar as súas futuras actividades e obras creativas. Esa é a nosa esperanza e a nosa misión.

A empresa QUALIART foi fundada no 1993, planificou e xestionou exposicións en Xapón e nos países estranxeiros xunto con artistas xaponeses, e actualmente realiza intercambios culturais en 75 cidades en aproximadamente 40 países.

Cada exposición ten unha temática que permite achegarse á situación mundial e a escena artística.

Os contidos son moi variados e inclúen “buscar a paz a través da arte”, “cuestións ambientais”, “apoio á recuperación de desastres”, “promoción da escena artística xaponesa” e “exposicións de intercambio internacional de artistas”.

Tamén creamos e doamos artigos de arte orixinais e libros de arte como ferramentas de promoción.

Entre as anteriores exposicións, a 32ª Exposición Internacional de Arte pola Paz é una exposición que a nosa empresa realiza todos os anos desde a súa fundación.

A Exposición Internacional de Arte pola Paz chegou a celebrarse na Sede Europea das Nacións Unidas e a Sede da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), especialmente como un evento que defende “o desexo de paz dos artistas”.