A Guarda | Unha nova programación de barferencias volve á programación guardesa para brindarnos maior información sobre os últimos traballos arquelóxicos e investigacións históricas. Así, a razón dunha barferencia por mes, nesta primavera poderemos coñecer as conclusións, resultados e relacións co resto de casos galegos e peninsulares do noso pasado prehistórico e medieval.
Para a concelleira de cultura Montse Magallanes as Barferencias “supoñen unha vía moi interesante para a divulgación do patrimonio da nosa localidade, por medio deste formato achegamos aos nosos veciños e veciñas a historia e o patrimonio da Guarda dun xeito ameno e participativo, onde se propicia o encontro e a transmisión dos coñecementos dos ponentes”.
O 14 de abril ás 20:00h no bar-Restaurante O Couto, en Camposancos. Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero presentarannos os resultados do estudo do concheiro do Castro Santa Trega, trala intervención do ano 2019. Os concheiros que son os vertedoiros dos castros brindan unha gran información sobre a vida dos castros, ao acumular os desperdicios e facilitar a conservación de útiles e outro tipo de restos (ósos, xoiería, etc.) falannos da dieta polos restos de animais, peixes e mariscos, das relacións socioeconómicas, polos restos de vestimentas, armamento, xoias defectuosas, etc. A barferencia será complementada pola intervención de Óscar García Vuelta, que falará concretamente do estudo da orfebrería a raíz dos restos atopados no cuncheiro.
Para o 11 de maio no Restaurante Os Remos ás 20:00h. Daremos un salto ao pasado medieval da nosa vila, para coñecer mais da muralla da que aínda se conserva un bo lenzo na Rúa Muro e que foi recentemente datada e estudiada por Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido. Rebeca Blanco é investigadora principal da Universidade do Minho, e unha dos maiores referentes en arqueoloxía da arquitectura e da paisaxe, tendo estudado en profundidade, a través da súa tese doutoral e traballos posteriores a paisaxe fortificada na fronteira galego-portuguesa no contexto da Guerra de Restauraçao (1640-1668). Francisco Alonso, pola súa parte é investigador da Universidade de Santiago de Compostela, no departamento de Historia I, especialista en cerámica medieval e arqueoloxía medieval.
Por último, o 2 de xuño ás 20:30h., teremos a derradeira cita adicada no restaurante Casa de la Abuela, onde Luis F. López González, arqueólogo responsable das actuacións de restauración tanto do sector de Mergelina (2018) como da porta norte da muralla do Castro Santa Trega mais recentemente, falaranos sobre os sistemas construtivos empregados nas murallas dos castros, prestando especial atención ao accesos como os lugares máis destacados dos castros.
Programa “Barferencias 2023”
Venres 14 de abril
“O cuncheiro da porta sur do Trega: novidades e perspectivas”, a cargo de Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero
“A orfebrería do Trega”, a cargo de Óscar García Vuelta
20:00h. Bar O Couto
Xoves 11 de maio
“Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda?”, a cargo de Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido
20:00h. Restaurante Os Remos
Venres 2 de xuño
“As murallas dos castros: modelos, reconstruccións e interpretacións” po Luis F. López González
20:00h. Restaurante Casa de la Abuela