As Cantareiras, Letras Galegas 2025.

As cantareiras son as mulleres do pobo que saben cantar ou son afeccionadas ao canto. Acompáñanse xeralmente de pandeiretas. Moitas destas cantigas populares recopiláronse por diversas persoas en distintas épocas: desde o pai Sarmiento a Dorothé Shubarth ou Xabier Díaz. Lin que algúns estudosos estabrecen catro etapas: A primeira: Séculos do XVI ao XVIII. Segunda: séxulo XIX. Terceira: Desde o inicio do século XX á Guerra Civil. Cuarta: Desde a Postguerra até hoxe. Ao adicarselles este ano 2025 o Día das Letras Galegas por parte da RAG, procúrase non só homenaxealas, senón manter viva a tradición. Pódense citar As Vellas de Mens, Eva Castiñeira, Adolfina e Rosa Casás, entre moitas outras. Tocan nas casas, actúan nas festas e algunhas veces nos escenarios. Vou citar algunhas destas letras populares, recollidas do libro de Xerais da pandereteira Icía Varela e Xosé Manuel Varela, titulado “Cantareiras”:

“Eu caseime prá montaña
porque había moito panhe.
O forno da miña sogra
cría silvas polo vranhe.”

* * *
“Ano Novo con ben veña.
Ano Novo con ben veña.
Como as galiñas coas cabras
e as cabras coas ovellas”.

* * *

“Dáme da pera que comes;
da mazán, un anaquiño;
da tua boca unha fala;
do corazón, un cariño.”

* * *

“De onde son as mociñas
que recenden a ourego?
Do lugariño de Mens,
de xunto a casa do crego”.

As temáticas dos textos son variadas. Tratan do baile, dos bailadores, de ir á foliada, de cantar, tocar, de amores, de oficios, de traballos, de consideracións sociais,…

Eu non entendo moito disto; por iso recoméndovos ler algún dos libros que se publicaron ao respecto, para obterdes unha información máis precisa e completa.

Lin outro libro tamén de Xerais de María Lado, titulado: “Canta miña compañeira. O legado das cantareiras”. Nel fala de Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela, seis das cantareiras que escolleu para falar e homenaxear ás mulleres que crearon e preservaron unha rica poesía popular, transmitida de xeración en xeración:

“Téñoche un pano na hucha,
pano de todas as cores.
Aqueles que o queren negro,
non se merecen amores.”
(As Tanxugueiras)

* * *

“Todo o mundo me rexouba
porque son adivertida,
rexoubeiras do lugar
gobernade a vosa vida”.

E di, textualmente: “Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, remedios e costumes”. Cultura popular, patrimonio do pobo galego e da humanidade.

Ramón Coira Luaces (Ourense)

Funcionario de prisións xubilado, Ourense.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.