Salceda de Caselas | Despois da nota de prensa emitida a semana pasada, na que se facía eco do convenio firmado entre a Concellería de Emprego e Formación de Salceda de Caselas e “Bodegas La Val” para formar a 15 desempregados do Concello de Salceda de Caselas nas tarefas propias dunha adega, esta concellería tivo que paralizar a súas tarefas diarias para atender aos desempregados que acudiron de forma masiva para informarse sobre estes plans formativos.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, considera que este interese dos veciños e veciñas de Salceda, reflecta a necesidade de levar a cabo este tipo de actuacións. Isto ven a confirmar que “os desempregados demandan maioritariamente este tipo de formación, e no caso desta especialidade de vitivinicultura ademáis de polo seu carácter novedoso miran nesta vía unha clara posibilidade de inserción, xa que esta actividade formativa pasaría a ser a primeira experiencia deste tipo en Galicia”.
Neste intre é moi difícil ofrecer alternativas de emprego e formación aos desempregados, “este tipo de proxectos son moi costosos e supoñen un grande esforzo para Salceda, pola nosa parte temos a sensación do deber cumprido, e esperamos que desta vez a Xunta faga os seus deberes cos desempregados de Salceda, e que non se vaían de novo tódolos recursos para os mesmos concellos”.
A tenente alcalde socialista “só pedimos que a Xunta traballe para todos, tamén polos desempregados de Salceda, a demanda fana eles, non o goberno municipal, nos só trasladámola e poñemos a nosa parte dos recursos necesarios para levala a cabo”