A Coruña | As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra mostran o seu compromiso co sector hostaleiro mantendo firme a súa proposta de achegar o 1% do orzamento das institucións provinciais a un fondo común de rescate da hostalaría e lamentan que a Xunta non iguale este esforzo para un sector que atravesa unha situación crítica.
Na reunión celebrada esta tarde en Santiago, as tres deputacións manifestaron o seu compromiso de achegar o “1% hostaleiro” con cargo aos Orzamentos 2021 e lamentaron que a Xunta de Galicia, cun orzamento de 11.663 millóns de euros fronte aos 525 das catro deputacións xuntas, non faga o mesmo esforzo económico que as administracións locais e comprometa só o 0,64% (75 millóns de euros), que siguen consideran “insuficiente para un verdadeiro plan de rescate”.
Un engano ao sector
Os representantes da tres deputacións falaron dun “engano ao sector” ao enterarse durante a reunión desta tarde de que a proposta da Xunta que o fondo común de rescate non é exclusivo para o sector da hostalaría e o turismo, senón que os fondos van destinados tamén a outras actividades profesionais, a pesar de que algunhas das deputacións e concellos xa teñen en marcha os seus propios plans de ayudas a autónomos e microempresas de que a Xunta falou sempre dun plan exclusivo para a hostalaría, máis aínda, despois do peche total do sector que vén de decretar en toda a comunidade autónoma o Executivo galego esta mesma semana.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou o esforzo das deputacións ao achegar o 1% ao fondo común e lamentou que a Xunta non respondese á mesma altura. “Solicitamos proporcionalidade e consideramos que esa porcentaxe era perfectamente admisible,pero non se conseguiu”, sinalou Regueira, ao tempo que mostrou a súa contrariedade ao “descubrir na reunión de hoxe que o fondo común non tiña un destino só para o sector hostaleiro, como se falara até hoxe, que precisa un apoio sólido e urxente”. “O 1% da Deputación da Coruña é específicamente para o sector hostaleiro e turístico porque contamos con outras liñas de axuda que imos a seguir mantendo”, apuntou.
“O 1% da Deputación da Coruña é específicamente para o sector hostaleiro e turístico porque contamos con outras liñas de axuda que imos a seguir mantendo”
Regueira insistiu na necesidade de cooperación institucional “que é o que nos demanda un sector vital para a nosa economía que precisa de maneira inmediata apoio para sobrevivir”.
“A semana pasada falaban de que era un fondo para hostalaría, hoxe é para todos os sectores.
Tamén nisto enganaron á hostalaría”, afirmou o respresentante da Deputación de Pontevedra, Carlos Font. “Se é un plan para pemes autónomos e hostalaría, ¿cómo se poden preferir 75 millóns a 140?”, afirmou o deputado pontevedrés, que reclamou á Xunta que explique onde están os 224 millóns de transferencias directas do Goberno de España para facer fronte ás perdidas económicas provocadas pola pandemia.
“A Xunta abandona ao sectores aos sectores aos que obriga a pechar as portas ou restrinxir horarios”,
“A Xunta abandona ao sectores aos sectores aos que obriga a pechar as portas ou restrinxir horarios”, apuntou Font, que pediu que os fondos sexan xestionados polos concellos e que se algún non pode o delegue en Xunta ou deputacións.
A deputada de Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, que asistiu á reunión por videoconferencia, subliñou o importante esforzo que este compromiso económico supón para o organismo provincial lucense, tendo en conta que as competencias son da Xunta de Galicia, e que a súa parte do plan de rescate “sairá dos recursos propios, xa que as administracións locais non recibiron da Administración galega nin un só euro extra para combater a pandemia, mentres que a Xunta si recibiu xa cuantiosos fondos extraordinarios para este fin: no 2020 o Estado transferiulle 224M€ a través dos fondos Covid, e acaba de anunciar o reparto doutros 441M€”.
Neste sentido, lamentou que a Xunta non fose capaz de igualar a aportación das deputacións, o que demostra a súa falta de compromiso, pois mesmo o anuncio da subida dos 50 aos 75 millóns que fixo hoxe a Xunta foi unicamente froito da presión do mundo local e do sector a raíz da proposta das deputacións.
As tres administracións provinciais coincidiron en defender a súa vontade contrutiva, co ánimo de alcanzar un acordo que permita a chegada dos fondos a un sector que os precisa con urxencia e defenderon o gran esforzo que vén realizando o mundo municipal para atender as consecuencias da pandemia na hostalaría e o turismo con recursos propios, que deberán detraer doutras partidas, mentres a Xunta, que ademáis ten as competencias, connta fondos europeos ou do Estado.
Última reunión o venres para aclarar a xestión dos fondos
Xunta, deputacións e Fegamp volverán a sentarse o venres co Clúster d Turismo de Galicia para determinar o modelo de xestión dos fondos e se serán tramitados polos concellos, como propoñen as deputacións, pola Xunta de Galicia, como propón a administración autonómica, ou a través dun modelo mixto.
Un modelo propio para Galicia
Frente ao “modelo Valencia” que defende a Xunta, a fórmula do 1% hostaleiro proposta polas deputacións reúne cada vez un maior consenso institucional e tamén do propio sector.
Así, á proposta véñense sumando publicamente nos últimos días diferentes asociacións de hostalaría e as principais cidades e vilas galegas como A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo ou Lugo, dispostas a achegar tamén o 1% dos seus orzamentos para un plan de rescate coordinado en colaboración coa Xunta de Galicia e as deputacións, que elevaría notablemente o orzamento do fondo ata os 140 millóns de euros cun modelo “xusto e proporcional”, no que cada administración contribuiría en función do seu orzamento e que eliminaría burocracia e simplificaría a tramitación das axudas ao tramitarse a través dunha única solicitude.