As Escolas Deportivas Municipais e a Concellería de Deportes presentan o campamento urbán para nenos.

Salceda de Caselas | As Escolas Deportivas Municipais en colaboración ca Concellería de Deportes presentan o CAMPAMENTO DE VERÁN 2012. Trátase dun campamento urbán para nenos de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto.
Este ano, ademáis das actividades propias do campamento, que terán lugar en horario de 9:30 a 14:00 horas, as familias usuarias tamén disporán do Servizo de Aula Matinal e Comedor, co cal disporase dun horario de conciliación familiar de 8:00 ata as 16:00
Será un campamento multidisciplinar, con actividades deportivas, obradoiros e xogos.
Os formularios de inscrición pódense recoller na Concellería de Deportes, no Pavillón Municipal e na Casa da Cultura. A solicitude xa se pode realizar no Pavillón de Deportes ou na casa da Cultura. Ademáis está dispoñible toda a información na páxina web do Concello de Salceda, www.salcedadecaselas.es, dentro do apartado da Concellería de Deportes, dependente de Tenencia de Alcaldía.
Outra das iniciativas da Concellería de Deportes para este verán son os CURSOS DE NATACIÓN na Piscina Municipal de Salceda. Xa está aberta a inscrición que poderá realizarse na Concellería de Deportes ou na Casa da Cultura.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “queremos ademáis de ofrecerlle alternativas para o verán ós nenos, responder a demanda das familias de conciliación da vida laboral e familiar, agora residen no noso Concello moitas parellas con fillos que non dispoñen do apoio dos avos ou familiares para poder continuar no verán cas súas tarefas laborais, de ahí que existan estes dous servizos a maiores, para quen os poida necesitar”