As grafías tradicionais do topónimo ‘Sanxenxo’

A Real Academia Galega emite a súa posición oficial

A Coruña | Ante as reiteradas consultas dos medios de comunicación no día de hoxe en relación do nome de Sanxenxo, a Real Academia Galega lembra que é un topónimo galego e que esta é a única forma oficial recoñecida segundo a lexislación vixente.

A RAG, como institución con competencia sobre o idioma galego e o seu uso, só recoñece esta forma.

De igual modo, a Real Academia Galega lembra que as recomendacións do grupo de expertos en nomes xeográficos da Organización das Nacións Unidas (ONU) baséanse no respecto ás formas de cada topónimo na súa lingua orixinal.

Por último, recomendamos a lectura da tribuna sobre o topónimo Sanxenxo publicada no seu día na páxina web da RAG pola académica correspondente Luz Méndez, membro do Seminario de Onomástica da RAG e presidenta da Asociación Galega de Onomástica:
https://academia.gal/-/as-grafias-tradicionais-do-toponimo-sanxenxo