As Neves | A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril.
Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, nas Neves, impúxose nunha votación moi axustada á viguesa Marta Gil Silva, que presentara a obra ‘Escena de festa na Praza Maior’, que acadou o segundo lugar.
No acto de entrega de premios, o alcalde Xosá Manuel Rodríguez, que estivo acompañado polas concelleiras de Servizos Sociais, Pilar González Casas, e de Cultura, Rocío Barreiro, agradeceu a participación e comentou o “altísimo nivel” das obras que se presentaron, “o cal é unha honra e tamén unha mostra do interese e repercusión que ten a feira do requeixo e do mel que chega aos 30 anos de vida, renovada, fortalecida e superando a asistencia de visitantes ano tras ano”.
No mesmo acto, a concelleira de Cultura asiantou que nuns días será a presentación oficial da feira que, coincidindo cunha edición tan especial, incluirá varias novidades “moi atractivas”.