As multinacionais ven a Arbo como referente de economía circular

Pendente de confirmación, o proxecto “Re-viste” pretende converter ao municipio da Paradanta no epicentro ibérico da reciclaxe téxtil

Arbo | A información aparecida este 18 de decembro nos medios de comunicación sobre o interese de multinacionais como Inditex, Decathlon, H&M, Ikea, Mango, Tendam, Sprinter, Kiabi, Primark e El Corte Inglés para dar curso en Arbo ao proxecto “Re-viste”, unha iniciativa de reciclaxe téxtil para toda España, causou interese mediático.

Segundo indican as fontes informativas, a posta en marcha en Arbo deste proxecto piloto implicaría o inicio da actividade de Re-viste, a marca comercial da Asociación para la Gestión do Residuo Textil y Calzado, unha agrupación con sede en Madrid na que as multinacionais anteriormente mencionadas puxeron en marcha en 2023 e que agarda entrar en vigor a partir de 2025 como emprendemento de economía circular. A iniciativa conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a súa correcta aplicación.

Consultado vía telefónica, o Alcalde Horacio Gil indicou que aínda carece da información necesaria para responder sobre os pormenores desta iniciativa que anuncia unha importante transformación da fisonomía económica, urbanística, loxística e laboral deste municipio.

Gil informou que está pendente dunha xuntanza coa xa mencionada Asociación para acordar as negociacións pertinentes sobre o contrato de licitación.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.