Ponteaeras | A concellería de Deportes, Nahir Covelo, en nome de todo o goberno comprácese en felicitar, unha vez máis, ao Club Natación Ponteareas polo novo triunfo acadado a pasada fin de semana no Campionato de España Alevín.
O Club estivo representado por un equipo de catro nadadoras, Iria Lemos, Sofía Carballo, Inés Borge e Uxía González que conseguiran as marcas mínimas para participar neste campionato no que compiten as mellores nadadoras e nadadores do estado español entre 12 e 13 anos de idade.
As nadadoras do Club Natación Ponteareas conseguiron en Tarragona a prata e estiveron moi preto do bronce en distintas modalidades. Sofía Carballo fíxose coa medalla de prata e convertíuse en subcampioa de España en 100m. Braza e Iria Lemos subcampioa de España en 200m. Libres, acadando ademais as dúas o récord galego de 13 anos da proba e a súa mellor marca persoal.
Trala desputa das súas probas individuais e dos relevos de 4*100 e 200m libres e 4*100m. Estilos, relevo este último no que quedaron a menos de medio segundo da medalla de bronce, conseguindo finalizar na clasificación final nun 5º posto dos 117 equipos femininos que competían no campionato.
O Club salienta a capacidade destas nadadoras para fortalecerse ante as adversidades.
A nivel individual conseguiron superar varias marcas persoais rozando o podium en moitas ocasións.
“Sabemos que a experiencia vivida deixará pegada nestas nadadoras polo que supón unha cita deste prestixio para a súa formación e o seu futuro na natación”, explica o director técnico no nome de toda a directiva, agradecendo sempre o apoio de todo o club, dos seus deportistas e das súas familias e amigos.
,