As Neves | Xa pasou un ano dende que o Concello das Neves municipalizara o servizo de recollida de envases de plástico (colector amarelo) e asumise directamente a xestión do mesmo, que ata daquela prestaba a empresa privada Urbaser.
O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas.
Así, no ano 2015 foron tan só 15 toneladas, no 2021 o total achegouse ás 55 toneladas e no pasado 2022, xa baixo a xestión do Goberno municipal, recolléronse algo máis de 54 toneladas de envases plásticos, o que supón un dato “moi positivo, dado que ao mesmo que tempo que reduciuse o consumo deste tipo de recipientes, o cal supón un descenso no índice que contaminación, tamén diminuiu o peso nos colectores verdes”.
Decidir en funcións das necesidades
González, valora moi positivamente a prestación deste servizo con persoal propio xa que “permítenos tomar decisións en función das necesidades, aproveitar mellor os medios, aumentar as frecuencias e incluso recibir ingresos pola valorización dos plásticos”.
Esta nova xestión de residuos, engade o segundo tenente de alcalde, “é un eixe fundamental da área de medio ambiente”. Así, o Plan Revitaliza implantou a compostaxe individual e comunitari e, “en breve, comezaremos de novo visitas as vivendas”.
A elo hai que sumar que recentemente púxose en marcha o programa de préstamo de biotrituradoras; o punto limpo é agora un lugar con valor, no que se reciben voluminosos e os residuos autorizados para ser valorizados, “algo que nada ten que ver coa imaxe vergoñenta de hai 7 anos baixo a xestión doutros gobernos locais”.