As Neves | O Concello das Neves celebrará os días 11 e 12 de outubro, a XVI Festa do Tinto das Rías Baixas que, como nos tres últimos anos, terá o seu día central mércores 12.
A programación abrangue gastronomía, música, andainas, xogos, propostas de cultura urbana, actuacións e actividades para cativos.
No acto de presentación na Casa da Xuventude estiveron presentes a concelleira de Cultura Rocío Barreiro, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e representantes das catro adegas das Neves que estarán presentes nesta edición: Viña Nora, Chan de Vide, Señorío de Rubiós e Entrevideiras, que presentaron as súas mellores colleitas de 2020 e 2021.
O espazo gastronómico e de degustación na Praza Maior estará aberto durante todo o día e haberá mesas para xantar, postos e pulpeiros, e que o día 12, o espazo de xogo para os cativos estará aberto toda a xornada.