As Neves | O Concello das Neves presentou oficialmente o programa desta nova edición, a XXXII da Festa do Requeixo e Mel, que porá en valor os produtos tradicionais e dinamizar o comercio local da vila.
No acto estiveron presentes Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra; Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial ; Agustín Reguera, delegado da Xunta de Galicia; e Horacio Gil, alcalde de Arbo.
A programación desta Festa que se realizará do 13 ao 19 de abril inclúe degustacións, actuacións musicais, espectáculos infantís, exposicións entre outras.